Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 9:57 - Biblia SEPT

57 e todo o mal dos homes de Xequem, fíxoo tornar Deus sobre as súas cabezas, vindo así sobre eles a maldición de Iotam, o fillo de Ierubaal.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 9:57
14 Iomraidhean Croise  

Hoxe estiven eu brando, mesmo se son o rei unxido. Estes homes, fillos de Seruiah, foron máis duros ca min. Que o Señor lle pague ó malfeitor conforme a súa maldade".


No seu tempo, Hiel de Betel reconstruíu Xericó. Botoulle os cimentos co pago da vida de Abiram, seu primoxénito, e púxolle as portas co pago da vida do máis novo, Seguib, conforme a palabra do Señor por Xosué, fillo de Nun.


O Señor botará ese sangue enriba da súa cabeza, pois matou a dous homes máis honrados e mellores ca el, ás escondidas de meu pai David: Abner, fillo de Ner, xeneral de Israel, e Amasá fillo de Iéter, xeneral de Xudá.


A súa maldade recae na súa cabeza, sobre a propia testa volva a súa violencia.


El pagaralles a súa iniquidade, destruiraos na súa mesma maldade, destruiraos o Señor, noso Deus.


As propias culpas cazan ó malvado, enrédase nas cordas do seu pecado


Ai do malvado! Que desgraciado! Como actuarán contra el as obras das súas mans!


Daquela, botou Xosué este xuramento: —"Sexa maldito diante do Señor quenquera que se poña a edificar esta vila de Xericó: comezará a edificala sobre o seu primoxénito, e sobre o fillo máis novo colocará as súas portas".


E dixo Adoni—Bézec: —"Sete reis cos polgares das súas mans e dos seus pés cepados están debaixo da miña mesa recollendo as migallas. Conforme fixen eu, recompensoume Deus a min". E levárono a Xerusalén e morreu alí.


E despois de Abimélec ergueuse para salvar a Israel Tolá, fillo de Puah, fillo de Dodó, un home de Isacar; e habitou en Xamir, na serra de Efraím.


Pero se non foi así, que saia lume de Abimélec e que devore ós señores de Xequem e de Bet—Miló; e que saia lume dos señores de Xequem e de Bet—Miló, que devore a Abimélec".


(Para vingar deste xeito a violencia feita nos setenta fillos de Ierubaal, e botar o seu sangue sobre Abimélec, seu irmán, que os matara, e sobre os señores de Xequem, que enforteceran as mans daquel para matar a seus irmáns).


E Abimélec estivo loitando contra a vila durante toda a xornada. E conquistouna e matou a xente que había nela; e arrasou a cidade e sementouna de sal.


Devolveulle así Deus o mal que fixera Abimélec a seu pai matando a seus setenta irmáns;


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan