Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 9:53 - Biblia SEPT

53 Daquela unha muller chimpou contra a testa de Abimélec unha pedra de moer e fendeulle o cranio.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 9:53
9 Iomraidhean Croise  

Quen matou a Abimélec, fillo de Ierubaal? Unha muller que botou unha pedra de moer desde o alto do muro, morrendo el en Tebés. Por que vos aproximastes á muralla? Ti diraslle entón: morreu tamén o teu servo Urías, o hitita".


Non se trata diso, senón dun home da montaña de Efraím chamado Xeba, fillo de Bicrí, que ergueu a súa man contra o rei, contra David. Entregádeo a el e arredareime da cidade". A muller díxolle a Ioab: —"Agora mesmo che botamos a súa cabeza por riba da muralla".


Non é se cadra a desgraza para os inicuos e a perdición para quen fai ruindade?


Por isto, escoitade o plan do Señor, o que el formulou contra Edom, e as decisións que tomou contra os habitantes de Temán. É ben certo que os arrasarán os pastoriños do rabaño, si, a súa morada quedará destruída ante estes.


Por isto, escoitade o plan do Señor que el formulou contra Babilonia, as decisións que tomou contra o país dos caldeos: É ben certo que os arrasarán os pastoriños do rabaño, é ben certo que a súa morada quedará destruída ante eles.


E dixo ela: —"De certo, que irei contigo; soamente que o recoñecemento no camiño que emprendas non será para ti, pois nas mans dunha muller porá o Señor a Sísera". E ergueuse Déborah e foi con Barac a Quédex.


E díxolles a silveira ás árbores: se con sinceridade me unxides para ser o voso rei, vídevos acubillar á miña sombra; pero se non é así, que saia lume da silveira, que devore ós cedros do Líbano.


Pero se non foi así, que saia lume de Abimélec e que devore ós señores de Xequem e de Bet—Miló; e que saia lume dos señores de Xequem e de Bet—Miló, que devore a Abimélec".


E chegou Abimélec ata o forte, e preparou a loita contra el; e achegouse ata a mesma entrada do forte, para prenderlle lume.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan