Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 9:5 - Biblia SEPT

5 E chegou á casa de seu pai —a Ofrah— e matou a seus irmáns, fillos de Ierubaal: setenta homes, sobre a mesma pedra. Pero sobreviviu Iotam, o fillo máis novo de Ierubaal, porque se agachara.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 9:5
15 Iomraidhean Croise  

Déixame que che dea un consello, se queredes salvar a vida ti e teu fillo Salomón.


Ora, cando o rei, meu señor, durma cos seus pais, eu e meu fillo Salomón teremos a consideración de culpables".


Iehú entrou en Samaría e matou os que quedaban alí da casa de Acab, ata acabar con toda a familia, como dixera o Señor por medio de Elías.


En recibindo eles a carta, colleron ós fillos do rei, mataron ós setenta, puxeron en cestos as cabezas e mandáronllas a Iehú, a Iezrael.


Estivo coa súa ama acochado seis anos, no templo do Señor, mentres Atalía reinaba no país.


Cando se afianzou no trono de seu pai, asasinou a todos os seus irmáns e tamén a algúns xefes de Israel.


Daquela Herodes, decatándose de que fora burlado polos magos, incomodouse moito. E, botando contas polos datos dos magos, mandou matar a todos os nenos de dous anos para abaixo, de Belén e da bisbarra.


e díxolle: Érguete, colle o neno e mais a nai e volve para a terra de Israel, que xa morreron os que querían acabar co neno.


E chegou un anxo do Señor e sentouse debaixo da aciñeira que hai en Ofrah, que é de Ioax o de Abiezer; e Guideón —o seu fillo—, estaba batendo o gran de trigo no lagar, ás escondidas dos madianitas.


E construíu alí Guideón un altar para o Señor, e chamoulle Iavé Paz, ata o día de hoxe. Está en Ofrah de Abiezer.


E Guideón tivo setenta fillos —nacidos todos del—, pois tiña moitas mulleres.


E vós erguédesvos hoxe contra a casa de meu pai, e matades a seus fillos setenta homes sobre a mesma pedra; e proclamades rei sobre os señores de Xequem a Abimélec, fillo da súa escrava, pois dicides é noso irmán...).


—"Dicide, por favor, ós oídos de todos os señores de Xequem: Que vos parece mellor: que manden en vós setenta homes —todos os fillos de Ierubaal—, ou que mande en vós un só home? E lembrádevos de que eu son óso e carne vosa".


E xuntáronse todos os señores de Xequem e de Bet—Miló e foron e proclamaron rei a Abimélec onda a aciñeira da estela que hai en Xequem.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan