Cando volvía David para bendicir tamén a súa familia, saíulle ó encontro Micol, filla de Xaúl, e díxolle: —"Como se cubriu de gloria hoxe o rei de Israel, espíndose á vista das criadas e dos seus serventes, como se espiría un calquera!"
rodeándose de xente desocupada e sen escrúpulos, que se impuxeron a Roboam, fillo de Salomón, aproveitándose de que non podía dominalos por ser novo e débil de carácter.
Non obstante, os xudeus, cheos de envexa, xuntando algúns pillabáns dos peoriños, armaron un rebumbio na cidade, e presentáronse en casa de Iasón en busca deles, para levalos diante do pobo.
E saíron ó campo, e vendimaron as viñas deles, e pisaron as uvas, e fixeron festa; e entraron na casa do seu deus, e comeron e beberon, e renegaron de Abimélec.
O redor del xuntáronse xentes que estaban en apuros, homes cargados de débedas e desesperados da vida. David foi o seu xefe. Chegou a haber ó seu arredor coma catrocentos homes.