Cando se soubo en Israel que volvera Ieroboam, chamárono á súa asemblea e proclamárono rei de todo Israel. A casa de David non lle quedou tribo ningunha, fóra da tribo de Xudá.
Eles dixeron: —Ollade, tramemos plans contra Xeremías, pois a Lei non lle faltará ó sacerdote, nin o consello lle faltará ó sabio, nin a palabra ó profeta; vinde, castiguémolo pola súa lingua, e non fagamos caso das súas verbas.
e uns homes de Xequem, de Xiloh e de Samaría, uns oitenta, cada un coa barba rapada, cos seus vestidos rachados, e con incisións rituais, viñan traendo ofrendas e incenso nas súas mans para o templo do Señor.