9 E dixo tamén ós homes de Penuel: —"Cando volva vitorioso, derrubarei esta torre".
E Zébah e Salmuná estaban en Carcor co seu exército: uns quince mil, que eran todos os sobreviventes de todo o campamento de orientais (pois os mortos foran cento vinte mil homes, abatidos pola espada).
E derrubou a torre de Penuel e matou ós homes da vila.