5 E dixo ós veciños de Succot: —"Dádenos, por favor, uns moletes de pan para a xente que me segue, pois están derreados e estou abouxando a Zébah e Salmuná, reis de Madián".
E Zébah e Salmuná estaban en Carcor co seu exército: uns quince mil, que eran todos os sobreviventes de todo o campamento de orientais (pois os mortos foran cento vinte mil homes, abatidos pola espada).
E chegou onda os veciños de Succot e dixo: —"Velaquí a Zébah e a Salmuná, polos que me aldraxastes, dicindo: E logo xa amarraches a Zébah e Salmuná, de xeito que deamos pan ós teus homes derreados?"
Abigail, a toda présa, colleu douscentos pans, dous pelellos de viño, cinco cordeiros cocidos, cinco tegas de gran torrado, cen acios de uvas pasas e duascentas tortas de figos e carrexou todo en burros.