E pillaron a dous príncipes dos madianitas a Oreb e Zeeb, e mataron a Oreb no Refuxio de Oreb; e a Zeeb, matárono no Lagar de Zeeb. E perseguiron ós madianitas e leváronlle da banda de alá do Xordán a Guidéon as cabezas de Oreb e de Zeeb.
Nas vosas mans puxo Deus ós príncipes de Madián —a Oreb e a Zeeb—, e que podía eu facer en comparanza convosco?" Daquela, con estas palabras, amainou a ira que se alporizara contra el por aquel feito.
David consultou o Señor, preguntando: —"Perseguirei esa banda? Atrapareina?" E o Señor respondeulle: —"Persígueos; atraparalos e rescatarás o que levaron".