Fomos desde hai tempo xente na que ti non mandaches, (e) sobre os que non se invocou o teu nome. Ai, se rachares o ceo (e) baixases! Coa túa presenza rebulirían os montes,
E o pobo e os príncipes de Galaad dixeron cada un ó seu compañeiro: —"Quen será o home que comece a loitar contra os fillos de Amón? El será o xefe de todos os veciños de Galaad".
E cando o Señor fixo xurdir xuíces para eles, o Señor estaba co xuíz, e salvábaos das mans dos seus inimigos durante todos os días de vida do xuíz, pois conmovérase o Señor polos choros deles, ó seren oprimidos e desprezados.
E dixeron os homes de Israel a Guideón: —"Manda ti sobre nós —ti e mais teu fillo e o fillo de teu fillo—, pois nos salvaches das mans dos madianitas".
Pero agora vós rexeitades ó voso Deus, o que vos librou de males e apuros, cando dicides: Non. Dános un rei que nos goberne. Presentádevos, logo, diante do Señor por tribos e por familias".
Mais, cando vistes que Nahax, rei dos amonitas, viña contra vós, dixéstesme: Non. Queremos ser gobernados por un rei, sendo que o voso rei é o Señor, voso Deus.