22 E dixeron os homes de Israel a Guideón: —"Manda ti sobre nós —ti e mais teu fillo e o fillo de teu fillo—, pois nos salvaches das mans dos madianitas".
Mais, cando vistes que Nahax, rei dos amonitas, viña contra vós, dixéstesme: Non. Queremos ser gobernados por un rei, sendo que o voso rei é o Señor, voso Deus.
e dixéronlle: —"Velaí que ti estás vello e os teus fillos non van polo teu camiño. Dános, logo, un rei que nos goberne, coma o que teñen as outras nacións".
Pasaron unhas caravanas madianitas, e os irmáns tiraron a Xosé do fondo do pozo. Por vinte moedas de prata vendérono ós ismaelitas, que o levaron a Exipto.
E dixeron Zébah e Salmuná: —"Érguete ti e arremete contra nós, pois como é o home así é a súa forza". E ergueuse Guideón e matou a Zébah e a Salmuná, e colleu as medias lúas que penduraban dos pescozos dos seus camelos.