Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 8:21 - Biblia SEPT

21 E dixeron Zébah e Salmuná: —"Érguete ti e arremete contra nós, pois como é o home así é a súa forza". E ergueuse Guideón e matou a Zébah e a Salmuná, e colleu as medias lúas que penduraban dos pescozos dos seus camelos.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 8:21
13 Iomraidhean Croise  

Cántiga, salmo de Asaf.


foron destruídos en Endor e ficaron coma esterco dos campos.


Trata ós seus xefes coma a Oreb e a Zeeb, ós seus nobres coma a Zébah e Salmuná,


O día aquel o Señor quitaralles os seus adornos: ariños para os nocellos, diademas e medias lúas,


Despois disto, golpeounos Xosué ata facelos morrer, e colgounos de cinco árbores, e estiveron pendendo delas ata o serán.


Naqueles días os homes procurarán a morte e non a atoparán, desexarán morrer, pero a morte fuxirá deles.


Daquela dixéronlle: —"Baixamos para prenderte e entregarte nas mans dos filisteos". E díxolles Sansón: —"Xurádeme que non me mataredes vós mesmos".


E díxolle a Iéter, o seu primoxénito: —"Anda, mátaos!" Pero o rapaz non desenvaiñou a súa espada, pois tiña medo, por ser aínda moi novo.


E dixeron os homes de Israel a Guideón: —"Manda ti sobre nós —ti e mais teu fillo e o fillo de teu fillo—, pois nos salvaches das mans dos madianitas".


E foi o peso dos aneis de ouro que pediu mil setecentos siclos de ouro, á parte das medias lúas, os pendentes e vestidos de púrpura que levaban os reis de Madián, e á parte dos colares que pendían do pescozo dos seus camelos.


E chamou axiña Abimélec polo mozo que lle facía de escudeiro e díxolle: —"Desenvaíña a túa espada, e mátame, para que non digan de min: matouno unha muller. E traspasouno o escudeiro e morreu".


O peso do combate caeu sobre Xaúl. O daren con el os arqueiros, ferírono gravemente.


En vendo o escudeiro que morrera Xaúl, botouse el tamén sobre a súa espada e morreu con el.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan