18 Daquela, díxolles a Zébah e a Salmuná: —"Como eran os homes que matastes no Tabor?" E responderon: —"Como es ti, así eran eles: uns e outros semellaban fillos de reis".
cun cinto polo van e con turbantes que lles agrandaban a cabeza, parecían todos eles xenerais, tiñan o aspecto de babilonios de Caldea, a terra da súa orixe.
Sonvos murmuradores, ándanse a queixar decote, camiñan seguindo as súas cobizas, os seus labios pronuncian verbas abraiantes, afagan as persoas buscando o propio interese.
E mandou ela chamar a Barac, fillo de Abinoam, de Quédex de Naftalí, e díxolle: —"E logo non mandou o Señor, Deus de Israel, vai e mora no monte Tabor, e colle contigo dez mil homes de entre os fillos de Naftalí e de Zebulón,
E dixo ós veciños de Succot: —"Dádenos, por favor, uns moletes de pan para a xente que me segue, pois están derreados e estou abouxando a Zébah e Salmuná, reis de Madián".