Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 7:8 - Biblia SEPT

8 E o pobo colleu nas súas mans o fornecemento e mais as súas trompetas, e mandou Guideón a todos os homes de Israel para a súa tenda, e quedou soamente cos trescentos (e o campamento de Madián atopábase debaixo del, no val).

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 7:8
11 Iomraidhean Croise  

Sucederá no día aquel que se tocará cun corno grande, e virán os abandonados no país de Asiria, e os dispersados polo país de Exipto, e prostaranse diante do Señor na montaña santa, en Xerusalén.


—"Dilles ós israelitas: no sétimo mes, o día primeiro do mes será para vós de grande repouso, lembranza solemne a son de trompeta, e asemblea sagrada.


Farás soar o corno do xubileu no décimo día do sétimo mes: no día grande da expiación faredes resoar o corno en todo o voso país.


Cando teñades que saír á guerra, no voso país, contra o inimigo que vos ataca, tocaredes as trompetas con estrondo e o Señor Deus voso acordarase de vós, e seredes liberados dos vosos inimigos.


nun instante, nun pechar os ollos, ó toque da derradeira trompeta. Pois soará a trompeta e os mortos resucitarán incorruptibles e nós apareceremos transformados.


Bruou o pobo, e sopraron nas trompetas; e, cando oíu a xente o soar da trompeta, deu o pobo un grande berro e derrubáronse os muros; subiu a eito o pobo á vila, e ocupárona.


Sete sacerdotes levarán sete trompetas de corno de carneiro, diante da Arca. O sétimo día circundaredes a vila sete veces, e os sacerdotes tocarán as trompetas.


E cando chegou, tocou a trompeta na serra de Efraím, e baixaron canda el da montaña os fillos de Israel, e el ía diante deles.


E todos os madianitas e amalecitas, e mais os orientais, congregáronse, e pasaron para esta banda e acamparon na terra cha de Iezrael.


E dixo o Señor a Guideón: —"Cos trescentos homes que beberon lambendo, vouvos salvar, e porei ós madianitas nas túas mans; e o resto da xente, que vaia cadaquén para o seu sitio".


E aconteceu que aquela noite lle dixo o Señor: —"Érguete e baixa ó campamento, pois o entrego nas túas mans.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan