3 E agora fai favor de comunicar ós oídos do pobo o que segue: Quen teña medo e trema, que se volva e arrede do monte de Galaad". E volvéronse vinte e dous mil homes do pobo e quedaron dez mil.
E continuarán os comisarios falándolle ao exército e diranlle: Quen é o home que ten medo e que se lle debilita a súa afoutada decisión? Que vaia e se volva á súa casa, e non faga esmorecer a afoutada decisión de seus irmáns o mesmo cá súa decisión.
Faranlle a guerra ó Año. Pero o Año venceraos: por algo é Señor de señores e Rei de reis; e tamén os vencerán os chamados, os escolleitos e os fieis que están con El".
Os covardes na loita, os que negan a fidelidade que prometeron, os corrompidos con abominacións, os asasinos, os luxuriosos, os bruxos, os idólatras e os que fían en mentiras, terán por lote a lagoa de xofre ardendo: que é a morte segunda".