23 E xuntáronse os israelitas de Naftalí, de Axer e de todo Menaxés, e perseguiron ós madianitas.
Morto Husam, reinou Hadad, fillo de Bildad, que venceu a Madián nos campos de Moab; a súa cidade chamábase Avit.
Cada un matou un inimigo. Os arameos fuxían, e Israel perseguíaos. Benhadad, rei de Aram, fuxía á cabalo, cuns poucos cabaleiros.
Entón saíu o rei de Israel, destruíu cabalos e carros, e inflixiu nos arameos unha grave desfeita.
Perseguiredes os vosos inimigos, que caerán a fío da espada diante de vós.
e enviou mensaxeiros por todo Menaxés, e acudiron tamén onda el; e enviou mensaxeiros a Axer, a Zebulón e a Naftalí, e subiron ó encontro deles.