Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 7:22 - Biblia SEPT

22 E os trescentos fixeron soar as trompetas, e o Señor fixo que a espada de cada un dos outros fose contra o seu compañeiro e contra todo o campamento; e fuxiu o exército inimigo ata Bet—Xitah, cara a Sererah, e ata a beira de Abel—Meholah, a carón de Tabat.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 7:22
18 Iomraidhean Croise  

e a Iehú, fillo de Nimxí, por rei de Israel; e a Eliseo, fillo de Xafat, de Abel Meholah, por profeta, teu sucesor.


Baná, fillo de Ahilud, en Tanac e Meguido, ata máis alá de Iocneam; en todo Betxeán, por debaixo de Iezrael, desde Betxeán ata Abel—Meholah ó pé de Sartán;


Os amonitas e moabitas decidiron destruír e aniquilar ós de Seir, e cando acabaron con eles, pelexaron a morte uns cos outros.


tamén os acompañan os asirios, axudando ós fillos de Lot.


Vou encirrar un Exipto contra o outro: faranse a guerra, cada un co seu irmán, cada un co seu veciño, cidade con cidade, reino con reino.


Velaí o xugo da súa carga e o varal do seu ombreiro —o bastón de quen o oprime—: rompíchelos coma o día de Madián.


Pois toda bota que tropeza con ruído, e todo manto cuberto de sangue serán para a queima, serán pasto de incendio.


Por todos os meus montes chamarei a espada contra el —é o meu Señor, Iavé, quen fala— e a espada de cada un volverase contra seu irmán.


Atravesaches cos seus propios dardos a cabeza dos xefes, que se lanzaban a dispersarnos. Alegrábanse coma se fosen devorar a un pobre no seu refuxio.


vou botar abaixo os tronos dos reinos e acabar co poder dos reinos nos pobos, vou derrubar os carros que os conducen, e baixarán os cabalos e os seus cabaleiros, (cada un caerá coa espada do seu irmán).


Sucederá no día aquel que o pánico que o Señor provoque entre eles será grande: cada un collerá as mans do seu próximo e levantará contra el a súa man.


Mais levamos ese tesouro en vasos de barro. E así esa forza tan extraordinaria aparece coma forza de Deus, e non nosa.


detivéronse as augas do Xordán que viñan de arriba, e erguéronse en bloque á parte moi lonxe, en Adam (a vila que está a carón de Saretán); e as que baixaban cara ó mar da Arabah o Mar do Sal, remataron tamén totalmente cortadas: e o pobo atravesou por fronte de Xericó.


O sétimo rodeo sopraron os sacerdotes nas trompetas; e dixo Xosué ó pobo: —"Bruade, pois o Señor entrégavos a vila.


Bruou o pobo, e sopraron nas trompetas; e, cando oíu a xente o soar da trompeta, deu o pobo un grande berro e derrubáronse os muros; subiu a eito o pobo á vila, e ocupárona.


Sete sacerdotes levarán sete trompetas de corno de carneiro, diante da Arca. O sétimo día circundaredes a vila sete veces, e os sacerdotes tocarán as trompetas.


Pero, chegado o momento de darlla a David por muller, Xaúl casou a Merab con Adriel de Meholah.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan