18 Cando eu e mais todos os que estean comigo toquemos a trompeta, tocaredes as trompetas tamén vosoutros —os que esteades arredor de todo o campamento—, e bradaredes: Por Iavé e por Guideón!"
E díxolles: —"Ollade para min, de xeito que fagades coma min. Velaquí que cando eu chegue á vangarda do campamento, o que eu faga habédelo de facer tamén vós.
E chegou Guideón con cen homes á vangarda do campamento, ó comezo da segunda vela, xusto cando acababan de relevar ós vixías. E tocaron as trompetas e escacharon os canecos que levaban nas mans.