16 E distribuíu Guideón os trescentos homes en tres corpos, e puxo trompetas nas mans de todos eles, e mais canecos baldeiros e fachos para as bocas dos canecos.
Un terzo do exército púxoo ó mando de Ioab, un terzo ó mando de Abixai, fillo de Seruiah, irmán de Ioab, e un terzo ó mando de Itai de Gat. O rei díxolles ós soldados: —"Quero ir eu tamén convosco".
E aconteceu que, cando oíu Guideón o relato do soño e mais a súa interpretación, prosternouse, e de contado volveu ó campamento de Israel, e dixo: —"Erguédevos, pois o Señor puxo nas vosas mans o campamento de Madián".
E díxolles: —"Ollade para min, de xeito que fagades coma min. Velaquí que cando eu chegue á vangarda do campamento, o que eu faga habédelo de facer tamén vós.
O día seguinte, Xaúl dividiu o exército en tres corpos, que, á hora da garda da mañá, entraron no campamento amonita e estivérono batendo ata as horas da calor. Os que puideron fuxir, espalláronse para todos os lados, sen quedaren dous xuntos.