Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 7:14 - Biblia SEPT

14 E respondeulle o compañeiro: —"Isto non che é outra cousa que a espada de Guideón, o fillo de Ioax, o israelita, pois Deus puxo nas súas mans a Madián e a todo o campamento".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 7:14
14 Iomraidhean Croise  

e díxolles: —"Ben sei que o Señor vos deu o país, e o temor a vós estarrece, de xeito que todos os veciños do país están amedrentados por causa vosa,


Non será que o tes ti ben cinguido cun valado, el, o seu lar, e canto posúe, e que bendiciches canto fai, e que o seu gando se espalla por toda a campía?


Cando os reis amorreos da banda occidental do Xordán e todos os reis cananeos de onda o mar, souberon que o Señor secara as augas do Xordán diante dos fillos de Israel, ata que o atravesaron, desfaleceu o seu corazón e non quedou xa alento neles por mor dos fillos de Israel.


E dixéronlle a Xosué: —"De seguro que o Señor puxo todo o país nas nosas mans, pois todos os veciños do país están amedrentados por causa nosa".


Eu recibín orde de bendicir, bendicín, e non o podo cambiar.


O Señor puxo unha palabra na boca de Balaam, e dixo: —"Torna a Balac, e falaraslle así".


E Balaam respondeulle a Balac: —"Velaquí que eu vin a ti agora! Mais poderei eu, por ventura, falar algo? A palabra que Deus poña na miña boca, esa falarei".


E cando chegou Guideón, velaquí que estaba un contándolle un soño ó seu compañeiro, e dicía: —"Velaquí o soño que tiven: Soñei que un molete de pan de cebada rodaba polo campamento de Madián e chegou ata a tenda, bateu contra ela e chimpouna por terra virándoa cara arriba, e despois a tenda estomballouse".


E aconteceu que, cando oíu Guideón o relato do soño e mais a súa interpretación, prosternouse, e de contado volveu ó campamento de Israel, e dixo: —"Erguédevos, pois o Señor puxo nas vosas mans o campamento de Madián".


E díxolles: —"Seguídeme, pois o Señor puxo os vosos inimigos —os moabitas— nas vosas mans". E baixaron detrás del e tomaron os baixíos do Xordán que están no camiño de Moab, e non deixaron pasar a ninguén.


E desde o posto berráronlles a Ionatán e ó seu escudeiro: —"Subide onda nós, que vos temos que dicir unha cousa". Ionatán díxolle entón ó escudeiro: —"Sube detrás de min. O Señor vai entregalos nas mans de Israel".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan