Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 7:13 - Biblia SEPT

13 E cando chegou Guideón, velaquí que estaba un contándolle un soño ó seu compañeiro, e dicía: —"Velaquí o soño que tiven: Soñei que un molete de pan de cebada rodaba polo campamento de Madián e chegou ata a tenda, bateu contra ela e chimpouna por terra virándoa cara arriba, e despois a tenda estomballouse".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 7:13
10 Iomraidhean Croise  

O contrario, o que hai de parvo no mundo, iso foi escoller Deus para desconcertar os sabios; e o que hai de débil no mundo, iso foi escoller Deus para desconcertar o poder;


E clamaron os fillos de Israel ó Señor, e o Señor suscitoulles un salvador: Ehud, fillo de Guerá, benxaminita, home zurdo, e os fillos de Israel mandaron por el un agasallo a Eglón, rei de Moab.


E despois del foi Xamgar, o fillo de Anat, e abateu os filisteos seiscentos homes, cunha queixada dun boi, salvando tamén el a Israel.


Daquela, Iael —a muller de Héber— colleu un fungueiro da tenda, botou man dun martelo, achegouse onda el ás caladiñas, e chantoulle o fungueiro nas tempas, e foise espetar no chan (e el, que xa non se tiña, morreu).


E dixo ela: —"De certo, que irei contigo; soamente que o recoñecemento no camiño que emprendas non será para ti, pois nas mans dunha muller porá o Señor a Sísera". E ergueuse Déborah e foi con Barac a Quédex.


E replicoulle: —"Perdón, meu Señor, de que xeito vou eu salvar a Israel? Velaquí que o meu clan é o máis pobre de Menaxés e eu son o máis novo da casa de meu pai".


E os madianitas, os amalecitas e todos os orientais estaban deitados pola terra cha (unha multitude como de lagostas, e a cantidade de camelos era abondosa como a area da beira do mar).


E respondeulle o compañeiro: —"Isto non che é outra cousa que a espada de Guideón, o fillo de Ioax, o israelita, pois Deus puxo nas súas mans a Madián e a todo o campamento".


E Zébah e Salmuná estaban en Carcor co seu exército: uns quince mil, que eran todos os sobreviventes de todo o campamento de orientais (pois os mortos foran cento vinte mil homes, abatidos pola espada).


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan