Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 7:12 - Biblia SEPT

12 E os madianitas, os amalecitas e todos os orientais estaban deitados pola terra cha (unha multitude como de lagostas, e a cantidade de camelos era abondosa como a area da beira do mar).

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 7:12
16 Iomraidhean Croise  

Os israelitas, da súa banda, revistáronse e abastecéronse, e saíron despois ó seu encontro. Acampados enfronte deles, parecían dous fatos de cabras, mentres os arameos cubrían a chaira toda.


Salmo, de David. Cando fuxía do seu fillo Abxalom.


Non os moitos soldados lle dan a vitoria ó rei nin é a moita forza a que salva ó guerreiro;


cortan a súa fraga —é o Señor quen fala— aínda que é impenetrable; multiplicáronse máis cós saltóns non teñen número.


E saíron eles con todos os seus exércitos, unha multitude innumerable, coma a area da beira do mar, e con moitísimos cabalos e carros.


E acontecía que, cando Israel sementaba, subían os madianitas; e os amalecitas e os orientais subían tamén contra el.


E todos os madianitas e amalecitas, e mais os orientais, congregáronse, e pasaron para esta banda e acamparon na terra cha de Iezrael.


(pois subían eles co seu gando e mais as súas tendas, e caían coma nube de lagostas, xa que, tanto eles coma os seus camelos, eran innumerables; e viñan ó país para esgotalo).


E cando chegou Guideón, velaquí que estaba un contándolle un soño ó seu compañeiro, e dicía: —"Velaquí o soño que tiven: Soñei que un molete de pan de cebada rodaba polo campamento de Madián e chegou ata a tenda, bateu contra ela e chimpouna por terra virándoa cara arriba, e despois a tenda estomballouse".


E Zébah e Salmuná estaban en Carcor co seu exército: uns quince mil, que eran todos os sobreviventes de todo o campamento de orientais (pois os mortos foran cento vinte mil homes, abatidos pola espada).


Os filisteos reuníronse tamén para facer a guerra a Israel. Contaban con tres mil carros, seis mil de cabalería e un exército de a pé coma a area das praias. Subiron a acampar en Micmás ó leste de Bet—Aven.


David mallou neles da mañá á noite. Só se salvaron de entre todos coma catrocentos mozos, que escaparon montados en camelos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan