11 Escoita o que falan, e fortaleceraste e baixarás contra o campamento". E baixou el e máis Purah —o seu servo— ata o remate da vangarda do campamento.
A rapaza á que eu lle diga: Baixa o cántaro, por favor, e dáme de beber, e que ela me responda: Bebe ti e abeberarei tamén os teus camelos, sexa a que ti determinas para o teu servo Isaac. Niso saberei eu que tratas ó meu amo con amor".
Celebraron con ledicia a festa dos pans ázimos, durante sete días, pois o Señor enchéraos de xúbilo, cambiando o corazón do rei de Asiria respecto deles, co fin de que afianzaran as súas mans na tarefa da casa de Deus, do Deus de Israel.
E desde o posto berráronlles a Ionatán e ó seu escudeiro: —"Subide onda nós, que vos temos que dicir unha cousa". Ionatán díxolle entón ó escudeiro: —"Sube detrás de min. O Señor vai entregalos nas mans de Israel".
Entón preguntoulle David a Ahimélec, o hitita, e a Abixai, fillo de Seruiah, irmán de Ioab: —"Quen quere baixar comigo ó campamento de Xaúl?" Abixai respondeulle: —"Baixo eu".