8 enviou o Señor un profeta ós fillos de Israel, que lles falou así: —"Isto di o Señor, Deus de Israel: Eu fíxenvos subir de Exipto, saqueivos da casa da escravitude,
O Señor advertira a Israel e a Xudá polos profetas e os videntes: —"Deixádevos dos malos camiños e gardade os mandamentos, os preceptos e as leis, que eu prescribín ós vosos pais e que vos inculquei a vós polos meus servos os profetas".
Moisés díxolle ó pobo: —"Lembrade este día en que saístes de Exipto, da casa da servidume, cando con man rexa vos sacou de alí o Señor. Non comades pan lévedo nese día.
e faloulles ós israelitas: —"Isto di o Señor, Deus de Israel: Eu saquei a Israel de Exipto e libreivos da man dos exipcios e da de todos os reis que vos oprimían.