Comerán as túas colleitas e o teu pan, devorarán os teus fillos e as túas fillas, comerán as túas ovellas e as túas vacas, comerán as túas viñas e as túas figueiras, arrasarán coa espada as túas cidades inexpugnables, nas que ti pos tanta confianza.
Voume volver ó meu santuario, ata que se sintan culpables, entón buscarán o meu rostro, cando estean na angustia; na angustia desexaranme ardentemente.
Si, Edom di: "Estamos destruídos, pero volveremos reconstruír as ruínas". Así fala o Señor dos Exércitos: "Eles reconstruirán, pero eu destruirei, e chamaráselle: Terra da ruindade e Pobo co que o Señor está sempre enfadado.
E clamaron os fillos de Israel ó Señor, e o Señor suscitoulles un salvador: Ehud, fillo de Guerá, benxaminita, home zurdo, e os fillos de Israel mandaron por el un agasallo a Eglón, rei de Moab.
E berraron os fillos de Israel ó Señor, e o Señor fixo xurdir un libertador para os fillos de Israel, que os salvase: Otoniel, o fillo de Quenaz (o irmán máis novo de Caleb).
E berraron os fillos de Israel ó Señor, pois aquel tiña novecentos carros de ferro, e el xa oprimira fortemente ós fillos de Israel durante vinte anos.