5 (pois subían eles co seu gando e mais as súas tendas, e caían coma nube de lagostas, xa que, tanto eles coma os seus camelos, eran innumerables; e viñan ó país para esgotalo).
Non será habitada con esplendor, nin repoboada por xeracións e xeracións; ningún nómade plantará alí a súa tenda, nin os pastores deixarán descansar os seus rabaños.
Estarás cuberta dunha chea de camelos, de dromedarios novos de Madián e de Efah. Todos eles virán de Sabá. Virán cargados de ouro e incenso, e proclamarán ledos a loanza do Señor.
Collan as súas tendas e mais os seus rabaños, as súas cidades e todos os seus útiles; apodérense dos seus camelos e bérrenlles: "Pavor por todas partes".
Os seus camelos servirán de botín, e a multitude dos seus rabaños servirá de ganancia; dispersareinos a todos os ventos coas tempas rapadas e de todas as rexións traereilles a súa calamidade —é o Señor quen fala—.
Os froitos da túa terra e todo o produto do teu traballo comerao un pobo que ti non coñecías. Ti non serás máis ca un oprimido e un esmagado para sempre.
E os madianitas, os amalecitas e todos os orientais estaban deitados pola terra cha (unha multitude como de lagostas, e a cantidade de camelos era abondosa como a area da beira do mar).
E Zébah e Salmuná estaban en Carcor co seu exército: uns quince mil, que eran todos os sobreviventes de todo o campamento de orientais (pois os mortos foran cento vinte mil homes, abatidos pola espada).
E dixeron Zébah e Salmuná: —"Érguete ti e arremete contra nós, pois como é o home así é a súa forza". E ergueuse Guideón e matou a Zébah e a Salmuná, e colleu as medias lúas que penduraban dos pescozos dos seus camelos.