Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 6:4 - Biblia SEPT

4 Acam—paban onda eles e estragaban o froito da terra, ata a entrada de Gaza, e non deixaban vituallas en Israel: nin ovellas, nin bois, nin asnos

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 6:4
12 Iomraidhean Croise  

As súas fronteiras abranguían desde Sidón, cara a Guerar, ata Gaza, incluíndo tamén Sodoma, Gomorra, Ademah Seboim preto de Laxa.


Lot levantou os ollos e reparou na veiga do Xordán, toda ela regada. (Isto era antes de que Deus destruíra Sodoma e Gomorra). Ata chegar a Soar era o mesmo ca un xardín do Señor, coma a terra de Exipto.


Quen oprime o pobre e asoballa os mendigos, é chuvia devastadora que non trae trigo.


Comerán as túas colleitas e o teu pan, devorarán os teus fillos e as túas fillas, comerán as túas ovellas e as túas vacas, comerán as túas viñas e as túas figueiras, arrasarán coa espada as túas cidades inexpugnables, nas que ti pos tanta confianza.


eu farei o mesmo convosco tamén e mandarei contra vós o espanto, a febre e a peste, que ensumirá os vosos ollos, e doenzas que vos acabarán coa vida. Faredes en balde a vosa sementeira, pois os vosos inimigos comerán os froitos.


Se entrasen en ti ladróns, non che roubarían todo o que lles é preciso? Se che entrasen os salteadores da noite, non serías totalmente destruída? Se entrasen en ti os vendimadores, non che deixarían sen un acio?


Sementarás, pero non recollerás. Pisarás as olivas, pero non te perfumarás co aceite; pisarás as uvas, pero non beberás o viño.


Os froitos da túa terra e todo o produto do teu traballo comerao un pobo que ti non coñecías. Ti non serás máis ca un oprimido e un esmagado para sempre.


Comerá o froito do teu gando e o froito da túa terra, ata que ti desaparezas, porque non che deixará trigo, nin mosto, nin aceite novo, nin os partos das túas vacas, nin as crías do teu rabaño ata facerte desaparecer.


E acontecía que, cando Israel sementaba, subían os madianitas; e os amalecitas e os orientais subían tamén contra el.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan