Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 6:3 - Biblia SEPT

3 E acontecía que, cando Israel sementaba, subían os madianitas; e os amalecitas e os orientais subían tamén contra el.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 6:3
25 Iomraidhean Croise  

Os fillos das concubinas fíxolles mandas e afastounos en vida de seu fillo Isaac cara ós países do oriente.


Xacob púxose en camiño cara á terra dos orientais.


Os israelitas, da súa banda, revistáronse e abastecéronse, e saíron despois ó seu encontro. Acampados enfronte deles, parecían dous fatos de cabras, mentres os arameos cubrían a chaira toda.


Avantaxaba en sabedoría ós sabios de Oriente e ós de Exipto.


Compúñase a súa habenza de sete mil ovellas, tres mil camelos, cincocentas xugadas de bois, cincocentas burras, e servos numerosos. Aquel home era o máis rico dos orientais.


se sementei, que outro detrás o coma! que arrinquen de raíz os meus xermolos!


Viñeron os amalecitas e atacaron a Israel en Refidim.


Correrán cara ó mar ombreiro con ombreiro contra os filisteos; xuntos saquearán ós pobos do nacente: Edom e Moab serán presa da súa man, e os fillos de Amón estarán sometidos á súa obediencia.


O Señor xurou pola súa destra e polo seu poderoso brazo: "Certo que os fillos do estranxeiro non beberán o teu viño novo polo que ti te fatigaches,


Así fala o Señor acerca de Quedar e dos reinos de Hasor, que destruíu Nabucodonosor, rei de Babilonia: —En marcha! Subide contra Quedar, devastade as tribos de Oriente.


dilles ós fillos de Amón: Escoitade a palabra do meu Señor Iavé: —Por dicirdes contra o meu santuario: "Ei, que sexa profanado!" E contra a terra de Israel: "Que vaian á catividade!",


por isto velaquí que eu te entrego en herdanza ós fillos do Nacente, que asentarán en ti as súas cercas de pedra, e chantarán en ti os seus campamentos; eles comerán os teus froitos, e beberán o teu leite;


eu farei o mesmo convosco tamén e mandarei contra vós o espanto, a febre e a peste, que ensumirá os vosos ollos, e doenzas que vos acabarán coa vida. Faredes en balde a vosa sementeira, pois os vosos inimigos comerán os froitos.


Sementarás, pero non recollerás. Pisarás as olivas, pero non te perfumarás co aceite; pisarás as uvas, pero non beberás o viño.


Comerá o froito do teu gando e o froito da túa terra, ata que ti desaparezas, porque non che deixará trigo, nin mosto, nin aceite novo, nin os partos das túas vacas, nin as crías do teu rabaño ata facerte desaparecer.


os sidonios, os amalecitas e os madianitas vos oprimiron e clamastes por min, logo non vos salvei eu das súas mans?


E axuntáronselle os fillos de Amón e de Amalec, e foi el e venceu a Israel, e apoderouse da Vila das Palmeiras,


caeu con forza a man de Madián sobre Israel; e, por mor dos madianitas, os fillos de Israel tiveron que aproveitar as fendas que hai nas montañas, as covas e refuxios.


E todos os madianitas e amalecitas, e mais os orientais, congregáronse, e pasaron para esta banda e acamparon na terra cha de Iezrael.


Acam—paban onda eles e estragaban o froito da terra, ata a entrada de Gaza, e non deixaban vituallas en Israel: nin ovellas, nin bois, nin asnos


E os madianitas, os amalecitas e todos os orientais estaban deitados pola terra cha (unha multitude como de lagostas, e a cantidade de camelos era abondosa como a area da beira do mar).


E Zébah e Salmuná estaban en Carcor co seu exército: uns quince mil, que eran todos os sobreviventes de todo o campamento de orientais (pois os mortos foran cento vinte mil homes, abatidos pola espada).


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan