Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 6:11 - Biblia SEPT

11 E chegou un anxo do Señor e sentouse debaixo da aciñeira que hai en Ofrah, que é de Ioax o de Abiezer; e Guideón —o seu fillo—, estaba batendo o gran de trigo no lagar, ás escondidas dos madianitas.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 6:11
17 Iomraidhean Croise  

Encontrouna o anxo do Señor onda unha fonte no deserto, a que está no camiño do Sur,


o anxo que me librou de todo mal, bendiga estes nenos. Que resoe neles o meu nome e o de meus pais, Abraham e Isaac, e que se convertan nun xentío sobre a terra".


Elías marchou de alí e encontrouse con Eliseo, fillo de Xafat, que araba con doce xuntas, levando el a derradeira. Elías pasou a carón del e botoulle enriba o seu manto.


en calquera angustia. Non houbo mensaxeiro nin enviado: a súa presenza salvounos: polo seu amor e a súa compaixón redimiunos, si, levantounos e levounos enriba de si en todas as épocas pasadas.


Estes son os fillos de Galaad: de Iézer, a familia dos iezeritas; de Hélec, a familia dos helquitas;


E que máis queredes que diga? Non me chegaría o tempo, se me puxese a falar de Guideón, de Barac, de Sansón, de Iefté, de David, de Samuel e dos profetas.


E houbo tamén para o resto dos fillos de Menaxés, segundo as súas familias: para os fillos de Abiézer, para os de Hélec, que eran fillos de Asriel, os de Xequem, os de Héfer e os de Xemidá, todos eles fillos varóns de Menaxés —o fillo de Xosé—, segundo as súas familias.


E aparecéuselle á muller un mensaxeiro do Señor e díxolle: —"Velaquí que ti es estéril e non xeraches; pero concibirás e parirás un fillo.


E foi a muller e díxolle a seu marido: —"Un home de Deus veu onda min e a súa semellanza era a dun anxo de Deus, terrible de abondo; e non lle preguntei de onde era nin el me manifestou o seu nome.


Maldicide a Meroz!, dixo o anxo do Señor; maldicide rexamente ós seus veciños, por non viren auxiliar ó Señor, a axudar ó Señor cos seus guerreiros!


E viuno o anxo do Señor, e díxolle: —"Que o Señor estea contigo, home valente!"


E respondeulles: —"E que fixen eu agora, comparado co que fixestes vosoutros? E logo non é mellor o rebusco de Efraím cá viña de Abiezer?


E chegou á casa de seu pai —a Ofrah— e matou a seus irmáns, fillos de Ierubaal: setenta homes, sobre a mesma pedra. Pero sobreviviu Iotam, o fillo máis novo de Ierubaal, porque se agachara.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan