Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 6:10 - Biblia SEPT

10 E díxenvos: Eu son o Señor, o voso Deus; non veneredes os deuses dos amorreos (os da terra onde morades). Pero non escoitastes a miña voz".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 6:10
23 Iomraidhean Croise  

O Señor advertira a Israel e a Xudá polos profetas e os videntes: —"Deixádevos dos malos camiños e gardade os mandamentos, os preceptos e as leis, que eu prescribín ós vosos pais e que vos inculquei a vós polos meus servos os profetas".


Veneraban o Señor e, ó mesmo tempo, os seus deuses, conforme os ritos do país de onde viñeran desterrados.


Iso aconteceu porque os israelitas pecaron contra o Señor, seu Deus, que os tirara de Exipto, do xugo do faraón, rei de Exipto; pero eles adoraron outros deuses.


Ti amoestábalos para que retornasen á túa Lei, mais eles, altivos, non facían caso das túas ordes. Pecaron contra os teus mandamentos, que o home debe cumprir para ter a vida. Déronche as costas, cheos de rebeldía, actuaron con orgullo e non quixeron escoitar.


Gárdate de facer pactos cos moradores da terra na que entras, para que logo non teñas contigo unha trapela.


Non adorarás deuses alleos, porque o Señor, que leva nome de celoso, éo de verdade.


Non quixen escoitar a voz dos meus mestres e non prestei oído ós meus ensinantes;


Así fala o Señor; Non aprendades o comportamento dos xentís, non lles teñades medo ós sinais do ceo; os xentís si que lles teñen medo.


Pero non escoitaron nin prestaron atención, senón que endureceron a súa testa, obstináronse na desobediencia e en non aprender.


Recoñece a túa impiedade, pois pecaches contra o Señor, teu Deus, dirixiches os teus camiños a deuses estranxeiros baixo calquera árbore frondosa e non quixeches escoitar a miña voz —é o Señor quen fala—.


Deitámonos coa nosa desvergonza e tapounos a nosa ignominia; pecamos contra o Señor, o noso Deus, nós e nosos pais, desde a nosa xuventude ata hoxe; non fixemos caso da palabra do Señor, noso Deus.


Mostréivolo hoxe, pero vós non lle facedes caso nin á voz do Señor, o voso Deus, nin a todo o que el mandou dicirvos.


E deste xeito nin Iohanán, fillo de Caréah, nin ningún dos xenerais da tropa, nin ninguén do pobo lle fixo caso á orde do Señor de continuar vivindo no país de Xudá;


e marcharon ó país de Exipto, pois non lle fixeron caso á voz do Señor, senón que chegaron ata Tafnes.


Antes ben, seguiron a teima do seu corazón, seguiron tralos baales, que seus pais lles aprenderan.


Non fai caso da chamada, non aprende a lección co castigo. Non ten confianza no Señor, non se arrima ó seu Deus.


Pero non todos aceptaron a Boa Nova. Pois xa di Isaías: "Señor, quen fixo caso da nosa predicación?".


e, consumada deste xeito a súa consagración sacerdotal, converteuse en causa de salvación eterna, para todos os que lle obedecen,


E, se vos anoxa servir ó Señor, escollede hoxe a quen ides servir: se ós deuses que serviron vosos pais na outra banda do río, ou ós deuses dos amorreos, os da terra que habitades. Eu e mais a miña familia serviremos ó Señor".


En canto a vós, non fagades alianza cos veciños deste país; habedes de derrubar os seus altares. Pero vós non escoitastes a miña voz. Por que procedestes así?


e salveivos das mans de Exipto e das mans de todos os que vos oprimían, e chimpeinos de diante de vós, e entregueivos o seu país.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan