Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 5:8 - Biblia SEPT

8 Elixíanse deuses novos: daquela, tiñan a guerra ás portas. E non se vía escudo nin lanza entre corenta mil en Israel.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 5:8
8 Iomraidhean Croise  

xa que me abandonaron a min e volveron estraño este lugar, queimando nel sacrificios a deuses alleos, que nin coñeceron eles nin seus pais nin os reis de Xudá, enchendo este lugar de sangue de inocentes.


E abandonaron ó Señor, o Deus de seus pais, que os sacara da terra de Exipto, e foron detrás dos deuses alleos, dos deuses de pobos que estaban arredor deles, e prostráronse diante deles, e alporizaron ó Señor.


Pero tampouco non escoitaron ós seus xuíces, pois corrompéronse detrás de deuses alleos e abaixáronse diante deles; arredáronse axiña do camiño que percorreran seus pais, que escoitaran os mandatos do Señor: eles, en troques, non fixeron así.


E berraron os fillos de Israel ó Señor, pois aquel tiña novecentos carros de ferro, e el xa oprimira fortemente ós fillos de Israel durante vinte anos.


Onde daban berros os capataces entre os augadoiros, alí cantarán as vitorias do Señor, as vitorias na súa terra ceibe, en Israel. Daquela o pobo do Señor baixou cara ás portas.


Acabaron os líderes: non volveu habelos en Israel, ata que se ergueu Déborah: xurdiu unha nai en Israel.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan