Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 5:6 - Biblia SEPT

6 Nos días de Xamgar, o fillo de Anat; nos días de Iael, desapareceran as vereas, e os camiñantes tiñan que andar polas corredoiras.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 5:6
11 Iomraidhean Croise  

Naqueles tempos ninguén vivía en paz, todos os habitantes do país sufrían grandes turbacións.


Pero ós que van por vieiros tortos que os leve o Señor cos malfeitores. A paz sobre Israel!


Están desertas as calzadas, o paseante da rúa non camiña, romperon a alianza, rexeitaron os garantes do pacto, non teñen respecto para ningún home.


—Non saias ó campo, non sigas o camiño, pois eu infesto coa espada: todo o entorno é terror e o terror está por todo o arredor.


(Dálet) Os vieiros de Sión están de loito, por non haber quen vaia á festa. Todas as súas portas están desoladas, choran os seus sacerdotes, as súas mozas están aflixidas; ela mesma ten amargura.


(Sade) Espreitan os nosos pasos, sen podermos camiñar polas nosas prazas. Está preto a nosa fin, cúmprense os nosos días. Si, chega a nosa fin.


Mandarei contra vós as feras do campo, que vos han deixar orfos, mataranvos o gando deixándoo decimado, e quedarán ermos os vosos camiños.


Por isto, por culpa vosa, Sión será arado coma un campo, Xerusalén converterase en ruínas, e a montaña do templo un conxunto de outeiros a monte".


E despois del foi Xamgar, o fillo de Anat, e abateu os filisteos seiscentos homes, cunha queixada dun boi, salvando tamén el a Israel.


Acabaron os líderes: non volveu habelos en Israel, ata que se ergueu Déborah: xurdiu unha nai en Israel.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan