Entón todas as árbores do monte caerán na conta de que eu, o Señor, derreo a árbore ergueita e levanto a árbore derreada; seco a árbore verde e fago florecer a árbore seca. Eu, o Señor, díxeno e fareino.
Vas ver que che vou entregar algúns da sinagoga de Satán, dos que din que son xudeus pero que non o son, porque menten. Vas ver que os vou facer poñerse ós teus pés e recoñecerán que eu te amo.
Chegan os de Efraím, que arraiga en Amalec. Detrás del, Benxamín coas súas tropas; de Maquir baixaron os capitáns; e de Zebulón, os que levan o bastón de mando.