Eles collerán pobos e levaranos ó seu lugar; e a casa de Israel recibiraos en herdanza coma servos e servas na terra do Señor, e os que a fixeron cativa serán os seus cativos: eles dominarán os seus opresores.
Ai saqueador, ti non es saqueado! Ai traidor, a quen non traizoan! Cando ti acabes de saquear, serás saqueado; cando remates de facer traizón, traizoarante a ti!
Esperta, esperta e revístete de poder, brazo do Señor! Esperta coma nos días de antes, coma nas xeracións eternas. Acaso non fuches ti quen matou a Ráhab, e acoitelou ó Dragón?