Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 5:11 - Biblia SEPT

11 Onde daban berros os capataces entre os augadoiros, alí cantarán as vitorias do Señor, as vitorias na súa terra ceibe, en Israel. Daquela o pobo do Señor baixou cara ás portas.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 5:11
19 Iomraidhean Croise  

Os aforas da cidade, á beira dunha fonte, fixo axeonllar os seus camelos. Era á tardiña, cando saen as rapazas para colleren auga.


Nun campío viu un pozo e tres fatos de ovellas, deitadas ó pé del, pois no pozo abeberaban os rabaños. O pozo estaba cuberto por unha grande pedra.


Cando se xuntaban alí todos os rabaños, corrían a pedra que tapaba o pozo, abeberaban os rabaños e logo volvían a pedra ó sitio.


cando saía para a porta da cidade e tiña na praza a miña cadeira fixa.


Transmiten a memoria da túa gran bondade e cantan a túa xustiza.


A miña boca pregoa a túa xustiza, a túa salvación, o día enteiro. Aínda sen as poder contar,


Sacaredes auga con gozo das fontes de salvación.


espírito de xuízo para o que se senta no tribunal, e forza para os que retiran as tropas da porta da cidade.


Ponte de pé onda a porta do templo, e proclama alí este discurso: Escoitade a palabra do Señor, todo Israel, os que entrades por estas portas para adorar o Señor!


Bebemos a nosa auga a prezo de prata, traemos a nosa leña con cartos.


Para a nosa gorxa sacamos o noso pan ó deserto lonxe da presenza da espada.


Meu pobo, lémbrate do que maquinaba Balac, rei de Moab, e do que desde Xitim ata Guilgal lle respondeu Balaam, fillo de Beor, para que recoñezas a fidelidade do Señor".


entón sacaredes os dous ás portas da tal cidade e apedrarédelos a cantazos, e morrerán: a rapaza polo feito de non pedir auxilio na cidade, e o home polo feito de se aproveitar da muller do seu próximo. Deste xeito apartarás do medio de ti a maldade.


Viu as primicias que son para el; si, alí está ben gardada a parte prescrita, logo chegou onda os xefes do pobo, cumpriu a xustiza do Señor, os seus decretos cumpriunos con Israel.


que fosen as mozas de Israel laiarse todos os anos pola filla de Iefté o galaadita catro días cada ano.


Elixíanse deuses novos: daquela, tiñan a guerra ás portas. E non se vía escudo nin lanza entre corenta mil en Israel.


Agora comparecede, que quero eu pedirvos contas diante do Señor dos favores que El vos fixo, a vós e a vosos pais.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan