De acordo co pobo, dispuxo que un grupo revestido de ornamentos sagrados marchase na vangarda cantando e loando ó Señor con estas palabras: —"Dade grazas ó Señor, porque é eterna a súa misericordia".
e todos os xudeus e xerosolimitanos con Ioxafat á fronte, emprenderon a volta a Xerusalén, festexando a vitoria que o Señor lles concedera sobre os seus inimigos.
Do mestre do coro. De David, servo do Señor, que recitou esta cántiga diante do Señor, por telo librado do poder de todos os seus inimigos e da man de Xaúl. Dixo:
A profetisa Miriam, irmá de Aharón, botou man do pandeiro, e todas as mulleres saíron con pandeiros detrás dela, bailando. Miriam cantaba diante: —"Cantade ó Señor, que se cubriu de gloria, cabalo e cabaleiro alagou no mar".
Ana dixo daquela esta oración: —"O meu corazón alégrase no Señor, érgome forte no meu Deus; a miña boca rise dos meus inimigos, porque celebro a túa salvación.