Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 4:9 - Biblia SEPT

9 E dixo ela: —"De certo, que irei contigo; soamente que o recoñecemento no camiño que emprendas non será para ti, pois nas mans dunha muller porá o Señor a Sísera". E ergueuse Déborah e foi con Barac a Quédex.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 4:9
9 Iomraidhean Croise  

plantáronse ante o rei Ozías e dixéronlle: —"Ozías, a ti non che corresponde queimar incenso ó Señor. Só poden facelo os sacerdotes aharonitas, consagrados para iso. Sae do santuario, que o teu pecado non te honra perante o Señor".


E alzouse a ira do Señor contra Israel, e púxoos nas mans de saqueadores, que os abateron, e entregounos nas mans dos inimigos do arredor, e xa non se puideron rexer diante dos seus adversarios.


E respondeulle Barac: —"Se vés ti comigo, vou; pero se non vés comigo, non vou".


Daquela unha muller chimpou contra a testa de Abimélec unha pedra de moer e fendeulle o cranio.


E chamou axiña Abimélec polo mozo que lle facía de escudeiro e díxolle: —"Desenvaíña a túa espada, e mátame, para que non digan de min: matouno unha muller. E traspasouno o escudeiro e morreu".


Por iso, isto di o Señor, Deus de Israel: Eu tíñalles dito á túa familia e á familia do teu pai que servirían no meu santuario para sempre; mais agora, palabra do Señor, que non será. Pois eu honro ós que me honran, pero os que me desprezan veranse desprezados.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan