Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 4:7 - Biblia SEPT

7 e eu empurrarei onda ti, xunto ó torrente Quixón, a Sísera —o capitán do exército de Iabín—, e mais ós seus carros e á tropa, e poreino nas túas máns?"

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 4:7
17 Iomraidhean Croise  

Elías díxolles entón: —"Prendede os profetas de Baal, sen que escape ningún". Eles prendéronos, e Elías fíxoos baixar ó torrente Quixó, onde os matou.


Eu endurecerei o corazón dos exipcios, que seguirán perseguíndovos. E mostrareime glorioso á conta do faraón, á dos seus carros e á dos seus cabaleiros.


Eu endurecerei o corazón do faraón, de xeito que se botará a perseguirvos, e eu mostrarei a miña gloria á conta súa e dos seus exércitos. Entón saberán os exipcios que eu son Iavé". Os israelitas fixeron o mandado.


O Señor endureceu o corazón do faraón, rei de Exipto, para que perseguise ós israelitas, que saían co brazo ergueito.


Para o que non estaba ó axexo, senón que Deus llo puxo nas mans, sinalareiche un sitio, onde poida atopar asilo.


E dixo o Señor a Xosué: —"Non lles teñas medo, pois púxenchos na túa man: non quedará vivo un só deles diante de ti".


pois era cousa do Señor, que fixo endurecer os seus corazóns, de xeito que declarasen a guerra a Israel e fosen exterminados sen compaixón e aniquilados, como mandara o Señor a Moisés.


E dixo o Señor a Xosué: —"Non lles teñas medo, pois mañá a estas horas deixareinos desfeitos ante Israel. Tronzarar os seus cabalos e prenderás lume ós seus carros".


Entón erguerédesvos da emboscada e ocuparedes a vila, pois o Señor, o voso Deus, púxovola nas mans;


E dixo Déborah a Barac: —"Érguete, pois é este o día no que puxo o Señor a Sísera nas túas mans. E logo non vai o Señor diante de ti?" E baixou Barac do monte Tabor cos dez mil homes que o seguían.


E respondeulle Barac: —"Se vés ti comigo, vou; pero se non vés comigo, non vou".


O torrente Quixón arrebatounos: o torrente vello, o torrente Quixón. Camiña con forza, miña alma!


David díxolle: —"Por que lles dás creto ós que che din: mira que David busca o teu mal?


Despois díxolle: —"Ti es máis xusto ca min, pois ti págasme con bens e eu correspóndoche con males.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan