Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 4:6 - Biblia SEPT

6 E mandou ela chamar a Barac, fillo de Abinoam, de Quédex de Naftalí, e díxolle: —"E logo non mandou o Señor, Deus de Israel, vai e mora no monte Tabor, e colle contigo dez mil homes de entre os fillos de Naftalí e de Zebulón,

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 4:6
21 Iomraidhean Croise  

que o inimigo me persiga e me aprese, que me esmague vivo contra o chan e bote por terra o meu honor.


Teu é o ceo e túa a terra, o mundo e canto o enche ti o fundaches.


Ti creaches o norte e o sur, o Tabor e o Hermón exultan no teu nome.


Pola miña vida —oráculo do Rei que ten por nome Señor dos Exércitos—, que así como o Tabor está sobre as montañas, e como o Carmelo está sobre o mar, así virá.


Escoitade isto, sacerdotes; prestade atención, os da casa de Israel; oíde, os da casa do rei, pois a sentencia é para vós, xa que fostes unha trampa en Mispah, e unha rede tendida no Tabor.


pois así nolo mandou o Señor: Púxente como luz das nacións, para levares a salvación ata os confíns da terra.


E que máis queredes que diga? Non me chegaría o tempo, se me puxese a falar de Guideón, de Barac, de Sansón, de Iefté, de David, de Samuel e dos profetas.


Logo non cho dixen xa?: se rexo e valoroso; non teñas medo nin te empequenezas, pois o Señor, o teu Deus, estará contigo en todo o que acometas".


O lindeiro chega ó Tabor, a Xahasimah e Bet—Xémex, e remata no Xordán. No total, dezaseis cidades e ás súas aldeas.


O sexto lote que saíu foi para a tribo de Naftalí: para os fillos de Naftalí, segundo as súas familias.


Collía tamén as cidades de defensa, de Sidim, Ser, Hamat, Racat, Quinéret,


Quédex, Edrei, En—Hasor,


E da tribo de Naftalí, Quédex (en Galilea, para cidade de refuxio do homicida) cos seus pastos, Hamot—Dor cos seus pastos e Cartán cos seus pastos: tres cidades.


E convocou Barac a Zebulón e a Naftalí en Quédex, e subiu con dez mil homes consigo; e tamén foi con el Déborah.


Aquel día púxose a cantar Déborah, á par que Barac —o fillo de Abinoam—, deste xeito:


e enviou mensaxeiros por todo Menaxés, e acudiron tamén onda el; e enviou mensaxeiros a Axer, a Zebulón e a Naftalí, e subiron ó encontro deles.


Daquela, díxolles a Zébah e a Salmuná: —"Como eran os homes que matastes no Tabor?" E responderon: —"Como es ti, así eran eles: uns e outros semellaban fillos de reis".


Máis adiante no teu camiño, chegando á aciñeira do Tabor, encontraraste con tres homes que soben para adorar a Deus en Betel, un deles con tres cabuxos, outro con tres fogazas e o terceiro cun pelexo de viño.


O Señor enviou a Ierubaal, a Barac, a Iefté e a Sansón, librouvos da man dos inimigos do arredor e puidestes vivir tranquilos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan