Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 4:4 - Biblia SEPT

4 Había unha muller profetisa —Déborah—, muller de Lapidot; e ela xulgaba a Israel naquel entón.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 4:4
13 Iomraidhean Croise  

Foron o sacerdote Hilquías, Ahicam, Acbor, Xafán e Asaías onda a profetisa Huldah, muller de Xalum, garda do vestuario, fillo de Ticvah, fillo de Harhás. Vivía no segundo barrio de Xerusalén. Falaron con ela,


—"Lémbrate, oh Deus, de canto Tobías e Sambalat fixeron, e tamén da profetisa Noadías e dos outros profetas que me querían poñer medo".


Pero os israelitas pasaron polo medio do mar a pé enxoito".


Oe, fillo de Adam, encárate coas fillas do teu pobo, que profetizan o que lles sae do seu corazón, e profetiza contra elas.


Si, fíxente subir do país de Exipto, e rescateite da escravitude, e mandei á túa fronte a Moisés, a Aharón e a Miriam.


Había tamén unha profetisa moi vella chamada Ana, filla de Penuel, da tribo de Axer, que vivira sete anos co seu marido desde que casara,


Filipe tiña catro fillas virxes, que falaban inspiradas.


E toda muller que reza ou profetiza coa cabeza descuberta deshonra a súa cabeza, pois é talmente igual coma se estivese rapada.


E todo iso de xudeus e gregos; de escravos e libres, de homes e mulleres, todo iso acabou, pois sodes coma un só en Cristo Xesús.


E berraron os fillos de Israel ó Señor, pois aquel tiña novecentos carros de ferro, e el xa oprimira fortemente ós fillos de Israel durante vinte anos.


Vivía debaixo da palmeira de Déborah, entre Ramah e Betel, na serra de Efraím. E ían onda ela os fillos de Israel para consultala.


Aquel día púxose a cantar Déborah, á par que Barac —o fillo de Abinoam—, deste xeito:


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan