Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 4:3 - Biblia SEPT

3 E berraron os fillos de Israel ó Señor, pois aquel tiña novecentos carros de ferro, e el xa oprimira fortemente ós fillos de Israel durante vinte anos.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 4:3
19 Iomraidhean Croise  

Os seus inimigos oprimíronos, humilláronos baixo a súa man.


Invócame no tempo do apuro: eu salvareite e ti darasme gloria".


Cando os castigaba, eles buscábano, volvíanse e corrían cara a Deus,


Pasado moito tempo, morreu o rei de Exipto. Os israelitas queixábanse e berraban na súa servidume, e os seus xemidos subiron onda Deus.


A luz do mediodía terás que andar ás apalpadelas, como anda ás apalpadelas o cego na escuridade, e non poderás dar remate ós teus camiñares. Todos os días certo que serás maltratado e roubado, e non haberá quen te salve.


Os froitos da túa terra e todo o produto do teu traballo comerao un pobo que ti non coñecías. Ti non serás máis ca un oprimido e un esmagado para sempre.


Dixeron entón os fillos de Xosé: —"O monte non é abondo para nós; e ademais todos os cananeos que habitan en terra cha teñen carros de ferro, tanto os que están en Bet—Xeán e nas súas vilas, como os que moran na chaira de Iezrael".


E o Señor estaba con Xudá, que se apoderou da montaña (ó non poder botar os veciños do val, por teren eles carros de ferro).


E clamaron os fillos de Israel ó Señor, dicindo: —"Pecamos contra ti, porque abandonamos o noso Deus e servimos os baales".


E retiraron os deuses alleos do medio deles, e serviron ó Señor, que non puido aturar máis os sufrimentos de Israel.


E clamaron os fillos de Israel ó Señor, e o Señor suscitoulles un salvador: Ehud, fillo de Guerá, benxaminita, home zurdo, e os fillos de Israel mandaron por el un agasallo a Eglón, rei de Moab.


E berraron os fillos de Israel ó Señor, e o Señor fixo xurdir un libertador para os fillos de Israel, que os salvase: Otoniel, o fillo de Quenaz (o irmán máis novo de Caleb).


E xuntou Sísera todos os carros —novecentos carros de ferro—, e a todo o pobo que tiña, desde Haróxet dos Xentís ata o torrente Quixón.


Había unha muller profetisa —Déborah—, muller de Lapidot; e ela xulgaba a Israel naquel entón.


Elixíanse deuses novos: daquela, tiñan a guerra ás portas. E non se vía escudo nin lanza entre corenta mil en Israel.


Empobreceu de abondo Israel por culpa dos madianitas e os fillos de Israel clamaron polo Señor.


E dixéronlle a Samuel: —"Roga, sen descanso, por nós ó Señor, noso Deus; que nos libre el da man dos filisteos".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan