Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 4:23 - Biblia SEPT

23 E dese xeito abateu Deus no día aquel a Iabín, rei de Canaán, diante dos fillos de Israel.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 4:23
10 Iomraidhean Croise  

—"Non está convosco Iavé, o voso Deus, e non nos deu El paz en todas partes? El puxo nas miñas mans os moradores da terra, e a terra está sometida ante Iavé e diante do seu pobo.


Entraron os fillos e tomaron posesión do país. Sometiches diante deles ós habitantes do país, ós cananeos, e puxéchesllelos nas súas mans, xunto cos seus reis, para que fixesen con eles o que quixeren.


esmagareino xa e non se poderá erguer, caerá debaixo dos meus pés.


Viva o Señor, bendita a miña rocha; sexa exaltado Deus, o meu salvador,


O Señor é excelso e terrible, o grande rei de toda a terra.


Ai, se o meu pobo me escoitase, se Israel seguise o meu camiño!


E cando lle teña todo sometido, entón tamén o propio Fillo se someterá a quen lle someteu a El todo: para que Deus sexa todo en todo.


Eles coa fe gañaron reinos, fixeron xustiza, conseguiron promesas, pecháronlles a boca a leóns,


E velaquí que Barac ía perseguindo a Sísera, e saíu Iael ó seu encontro e díxolle: —"Vén, que che mostro o home que buscas". E el entrou onda ela, e velaquí que Sísera xacía morto co fungueiro nas tempas.


E a man dos fillos de Israel fíxose cada vez máis pesada contra Iabín, rei de Canaán, ata que esnaquizaron a Iabín, rei de Canaán.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan