Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 4:21 - Biblia SEPT

21 Daquela, Iael —a muller de Héber— colleu un fungueiro da tenda, botou man dun martelo, achegouse onda el ás caladiñas, e chantoulle o fungueiro nas tempas, e foise espetar no chan (e el, que xa non se tiña, morreu).

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 4:21
12 Iomraidhean Croise  

Non teño medo á multitude que está arredor contra min.


Pois está escrito: Desmontarei a sabedoría dos sabios e derrubarei a intelixencia dos intelixentes.


O contrario, o que hai de parvo no mundo, iso foi escoller Deus para desconcertar os sabios; e o que hai de débil no mundo, iso foi escoller Deus para desconcertar o poder;


E atopou unha queixada de burro fresca, e, alongando a man, colleuna e escangallou con ela a mil homes.


E alongou Ehud a súa zurda, e colleu a faca de sobre o lado dereito, e chantoulla no ventre;


E despois del foi Xamgar, o fillo de Anat, e abateu os filisteos seiscentos homes, cunha queixada dun boi, salvando tamén el a Israel.


E díxolle el: —"Ponte á entrada da tenda, e, se chega un e che pregunta Hai alguén aquí?, ti respóndeslle: Non".


E velaquí que Barac ía perseguindo a Sísera, e saíu Iael ó seu encontro e díxolle: —"Vén, que che mostro o home que buscas". E el entrou onda ela, e velaquí que Sísera xacía morto co fungueiro nas tempas.


E dixo ela: —"De certo, que irei contigo; soamente que o recoñecemento no camiño que emprendas non será para ti, pois nas mans dunha muller porá o Señor a Sísera". E ergueuse Déborah e foi con Barac a Quédex.


E berroulle: —"Seica son eu un can, para que veñas cara a min cunha caxata?" E maldiciu a David no nome dos seus deuses.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan