Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 4:2 - Biblia SEPT

2 e o Señor entregounos nas mans de Iabín, rei de Canaán, que reinou en Hasor, e que tiña de capitán do seu exército a Sísera, que vivía en Haróxet dos Xentís.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 4:2
11 Iomraidhean Croise  

tamén os acompañan os asirios, axudando ós fillos de Lot.


Así fala o Señor Deus: "Onde está esa acta de divorcio da vosa nai, a quen eu despedín? Quen dos meus prestamistas foi aquel a quen vos vendín? Polas vosas iniquidades fostes vendidos, polas vosas rebeldías foi despedida a vosa nai.


E como non tiña con que pagar, o señor ordenou que o vendesen a el con muller, fillos e canto tiña, para que así lle pagase.


Cando o soubo Iabín, rei de Hasor, enviou unha mensaxe a Iobab —o rei de Madón—, ó rei de Ximrón, ó rei de Acxaf,


E acendeuse a ira do Señor contra Israel e entregounos nas mans dos filisteos e nas mans dos fillos de Amón,


E xuntou Sísera todos os carros —novecentos carros de ferro—, e a todo o pobo que tiña, desde Haróxet dos Xentís ata o torrente Quixón.


E Barac perseguiu os carros e o exército ata Haróxet dos Xentís, e caeu todo o exército de Sísera polo gume da espada: non quedou sequera un.


Eles esquecéronse logo do Señor, o seu Deus, e El vendeunos a Sísera, xeneral do exército de Hasor, e entregounos na man dos filisteos e do rei de Moab, que lles fixeron a guerra.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan