Foi el á Sarepta e, ó entrar pola porta da cidade, viu alí unha muller viúva, que estaba xuntando guizos. Elías chamou por ela e díxolle: —"Fai o favor e vaime por unha pouca auga na xerra para beber".
Os pobres e os necesitados buscan auga e non a hai, a súa lingua seca coa sede. Eu, o Señor, respondereilles; eu, o Santo de Israel, non os abandonarei.
E saíu Iael ó encontro de Sísera, e díxolle: —"Vén, meu señor, vén a carón de min, non teñas medo". E foi onda ela, á súa tenda, e ela tapouno cun cobertor.