14 E dixo Déborah a Barac: —"Érguete, pois é este o día no que puxo o Señor a Sísera nas túas mans. E logo non vai o Señor diante de ti?" E baixou Barac do monte Tabor cos dez mil homes que o seguían.
Lot saíu para lles dicir ós xenros, que desposaran a súas fillas: —"Dispoñédevos para abandonar este lugar, pois o Señor destrúe a cidade". Pero eles collérono a riso.
Saíron da cidade e, cando non ían aínda lonxe, mandou Xosé ó xefe da súa casa: —"Vai detrás deses homes e, cando os atrapes, dilles: Por que pagastes mal por ben?
Pero hoxe vas recoñecer que o Señor, o teu Deus, é quen pasa diante de ti coma lume devorador, El é quen os vai destruír, El é quen os vai subxugar na túa presenza, mentres ti vas tomar posesión deles e os vas facer desaparecer nun instante, tal como cho dixo o Señor.
Ti érguete, purifica o pobo, e dilles: Mantédevos puros para mañá, pois así di o Señor, Deus de Israel: Non poderás estar rexo fronte ós teus inimigos, ata que non fagades desaparecer o consagrado do medio de vós.