Pola miña vida —oráculo do Rei que ten por nome Señor dos Exércitos—, que así como o Tabor está sobre as montañas, e como o Carmelo está sobre o mar, así virá.
Escoitade isto, sacerdotes; prestade atención, os da casa de Israel; oíde, os da casa do rei, pois a sentencia é para vós, xa que fostes unha trampa en Mispah, e unha rede tendida no Tabor.
Mais Héber, o quenita, arredárase dos outros quenitas —dos fillos de Hobab, o sogro de Moisés—, e foi montar a súa tenda alá onda a aciñeira de Saanaim, onda Quédex.
E mandou ela chamar a Barac, fillo de Abinoam, de Quédex de Naftalí, e díxolle: —"E logo non mandou o Señor, Deus de Israel, vai e mora no monte Tabor, e colle contigo dez mil homes de entre os fillos de Naftalí e de Zebulón,
Daquela, díxolles a Zébah e a Salmuná: —"Como eran os homes que matastes no Tabor?" E responderon: —"Como es ti, así eran eles: uns e outros semellaban fillos de reis".