Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 4:11 - Biblia SEPT

11 Mais Héber, o quenita, arredárase dos outros quenitas —dos fillos de Hobab, o sogro de Moisés—, e foi montar a súa tenda alá onda a aciñeira de Saanaim, onda Quédex.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 4:11
13 Iomraidhean Croise  

Ietró, sacerdote de Madián, sogro de Moisés, soubo o que Deus fixera con Moisés e co seu pobo Israel, ó sacalos de Exipto.


En volvendo elas onda seu pai Reuel, este preguntoulles: —"Como é que vides tan cedo hoxe?"


Moisés pastaba os rabaños de seu sogro Ietró, sacerdote de Madián. Levaba polo deserto os rabaños, e unha vez chegou ata a montaña de Deus, o Horeb.


Moisés díxolle a Hobab, fillo de Reuel, madianita, sogro de Moisés: —"Nós partimos para o lugar, do que nos dixo o Señor: Héivolo dar a vós. Ven connosco e habémoste de tratar ben, pois o Señor prometeu o ben a Israel".


Se vés connosco, terás parte no ben que nos faga o Señor a nós, de todos os bens che daremos parte".


Logo viu o quenita, e pronunciou o seu oráculo: —"Firme é a túa morada, e ter o teu niño dentro do penedo!


O seu lindeiro ía desde Hélef —desde a aciñeira de Saananim, Adamí—Néqueb e Iabneel, ata Lacum e prolongábase ata o Xordán;


Quédex, Edrei, En—Hasor,


E os descendentes do sogro de Moisés —o quenita— subiron da Vila das Palmeiras cos fillos de Xudá ó deserto de Xudá que queda no Négueb de Arad; e foron, e habitaron entre o pobo.


E notificóuselle a Sísera que Barac, o fillo de Abinoam, subira ó monte Tabor.


E mandou ela chamar a Barac, fillo de Abinoam, de Quédex de Naftalí, e díxolle: —"E logo non mandou o Señor, Deus de Israel, vai e mora no monte Tabor, e colle contigo dez mil homes de entre os fillos de Naftalí e de Zebulón,


Mandoulles dicir ós quenitas: —"Arredádevos de onda os amalecitas, para non arrasarvos canda eles, pois vosoutros tivestes dó dos israelitas, cando estes subían de Exipto". E os quenitas arredáronse de xunto os amalecitas.


Aquix preguntáballe: —"Onde saqueastes hoxe?" E David respondíalle: —"No Négueb de Xudá, no dos ierahmelitas ou no dos quenitas".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan