9 E berraron os fillos de Israel ó Señor, e o Señor fixo xurdir un libertador para os fillos de Israel, que os salvase: Otoniel, o fillo de Quenaz (o irmán máis novo de Caleb).
Ti, entón, entregáchelos nas mans do seus inimigos, que os combateron. Na súa angustia, clamaron a ti e ti escoitáchelos desde o ceo; e pola túa gran misericordia dábaslles liberadores que os salvaban da man dos seus adversarios.
E cando o Señor fixo xurdir xuíces para eles, o Señor estaba co xuíz, e salvábaos das mans dos seus inimigos durante todos os días de vida do xuíz, pois conmovérase o Señor polos choros deles, ó seren oprimidos e desprezados.
E clamaron os fillos de Israel ó Señor, e o Señor suscitoulles un salvador: Ehud, fillo de Guerá, benxaminita, home zurdo, e os fillos de Israel mandaron por el un agasallo a Eglón, rei de Moab.
E alporizouse a ira de Iavé contra Israel, e entregounos nas mans de Cuxán—Rixa—taim, rei de Aram—Naharaim, e serviron os fillos de Israel a Cuxán—Rixataim durante oito anos.
E berraron os fillos de Israel ó Señor, pois aquel tiña novecentos carros de ferro, e el xa oprimira fortemente ós fillos de Israel durante vinte anos.
Entón berraron cara ó Señor e confesaron: Pecamos deixando ó Señor e servindo ós Baales e ás Axtartés. Agora líbranos da man dos nosos inimigos e servirémoste a ti.