8 E alporizouse a ira de Iavé contra Israel, e entregounos nas mans de Cuxán—Rixa—taim, rei de Aram—Naharaim, e serviron os fillos de Israel a Cuxán—Rixataim durante oito anos.
Así fala o Señor Deus: "Onde está esa acta de divorcio da vosa nai, a quen eu despedín? Quen dos meus prestamistas foi aquel a quen vos vendín? Polas vosas iniquidades fostes vendidos, polas vosas rebeldías foi despedida a vosa nai.
Como un home pode perseguir a mil e como dous homes fan fuxir a dez mil, se non é que o seu Penedo llelos vende e se non é que o Señor llelos entrega atados?
E alzouse a ira do Señor contra Israel, e púxoos nas mans de saqueadores, que os abateron, e entregounos nas mans dos inimigos do arredor, e xa non se puideron rexer diante dos seus adversarios.
E entrou nel o Espírito do Señor, e xulgou a Israel, e saíu á loita, e puxo o Señor nas súas máns a Cuxán—Rixataim, rei de Aram, de xeito que prevaleceu el sobre Cuxán—Rixataim,
E berraron os fillos de Israel ó Señor, e o Señor fixo xurdir un libertador para os fillos de Israel, que os salvase: Otoniel, o fillo de Quenaz (o irmán máis novo de Caleb).
E dixo ela: —"De certo, que irei contigo; soamente que o recoñecemento no camiño que emprendas non será para ti, pois nas mans dunha muller porá o Señor a Sísera". E ergueuse Déborah e foi con Barac a Quédex.
Eles esquecéronse logo do Señor, o seu Deus, e El vendeunos a Sísera, xeneral do exército de Hasor, e entregounos na man dos filisteos e do rei de Moab, que lles fixeron a guerra.