O rei Asá quitoulle o título da raíña nai a súa nai, Macah, porque fixera unha imaxe de Axtarté. Esnaquizou a imaxe, reduciuna a po e queimouna no torrente Cedrón.
A súa oración e a acollida divina, o seu pecado e a súa rebeldía, os lugares onde levantou ermidas e erixiu estelas e ídolos antes da súa conversión, están rexistrados na historia dos seus videntes.
Reconstruíu as ermidas dos outeiros derruídas por seu pai Ezequías, levantou altares ós baales, erixiu estelas, adorou e deu culto a todo o exército do ceo;
No ano oitavo do seu reinado, cando aínda era un rapaz, comezou a servir o Deus do seu antepasado David, e o ano doce empezou a purificar a Xudá e a Xerusalén de ermidas, estelas, estatuas e ídolos.
Estes son os que cos seus soños —que cada un lle conta ó seu veciño— proxectan facer que o meu pobo esqueza o meu Nome, o mesmo que os seus pais esqueceron o meu Nome polo de Baal.
Pero ti ten moito coidado de ti, ten coidado coa túa vida, de non esqueceres cousas que viron os teus ollos e de que non se che aparten do teu corazón todos os días da túa vida. Cóntallelas a teus fillos e a teus netos.
Lémbrate máis ben do Señor, o teu Deus, que El é quen che dá a forza para producires a prosperidade, se mantés en pé a súa alianza, a que lles prometeu con xuramento a teus pais, o mesmo que fai hoxe.
E volveron os fillos de Israel facer o mal diante do Señor, e enforteceu Iavé a Eglón, rei de Moab, contra Israel, porque fixeron o mal diante do Señor.
E alporizouse a ira de Iavé contra Israel, e entregounos nas mans de Cuxán—Rixa—taim, rei de Aram—Naharaim, e serviron os fillos de Israel a Cuxán—Rixataim durante oito anos.
E aconteceu que aquela noite lle dixo o Señor: —"Colle o xovenco de touro que ten teu pai e mais o outro xovenco —o de sete anos—, e chimpa por terra o altar de Baal de teu pai, e corta o cipo que está a carón del,
Entón berraron cara ó Señor e confesaron: Pecamos deixando ó Señor e servindo ós Baales e ás Axtartés. Agora líbranos da man dos nosos inimigos e servirémoste a ti.
Eles esquecéronse logo do Señor, o seu Deus, e El vendeunos a Sísera, xeneral do exército de Hasor, e entregounos na man dos filisteos e do rei de Moab, que lles fixeron a guerra.